A Deputación da Coruña organiza, entre o 7 de febreiro e o 11 de marzo, diversas viaxes á estación invernal de Leitariegos (León) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2001 e 2005.
Nesta edición participarán un total de 500 rapaces, repartidos en cinco quendas de cinco días de duración cada unha, que terán lugar entre o 7 de febreiro e o 11 de marzo.
Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse na práctica do esquí e participar en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.
A estación invernal de Leitariegos sitúase no noroeste da provincia de León, na comarca de Laciana, nunha excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias, e conta con 10 pistas balizadas de distintos niveis (5 vermellas, 4 azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que se ofrecen clases de esquí e snowboard.
Inscrición nos concellos
Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o 22 de xaneiro.
Pódese obter máis información e descargar a ficha de inscrición na páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal.
4º QUENDA
28/02/2016 A 04/03/2016
|
BOIRO
BRION
CAMARIÑAS
CARNOTA
CEE
CORCUBION
DODRO
DUMBRIA
FISTERRA
LOUSAME
MUROS
MUXIA
NOIA
OUTES
PADRON
POBRA DO CARAMIÑAL
PORTO DO SON
RIANXO
RIBEIRA
VIMIANZO
ZAS
|
5º QUENDA
06/03/2016 A 11/03/2016
|
AMES
ARZUA
BAÑA A
BOIMORTO
BOQUEIXON
CERCEDA
FRADES
MESIA
NEGREIRA
ORDES
OROSO
O PINO
ROIS
SANTIAGO
TEO
TORDOIA
TOURO
TRAZO
VAL DO DUBRA
VEDRA
|