viernes, 23 de noviembre de 2012

CAMBIO DE LOCAIS COMERCIAIS EN NOIA

Informamos aos nosos clientes e amigos, que imos a facer un cambio na próxima semana nas nosas tendas.

Así, pechamos as tendas de Muller e Neno de Frai Lois Rodriguez, e a tenda multideporte da Rúa Luis Cadarso.

Imos a xuntar este dous locais nun só de mais superficie comercial, na rúa Comercio 10 (antiguo Rosa Lamela), diante de Calzados Rama e entre a Asesoría Víctor Hermo e María Luisa Interiorismo.

Con este cambio queremos ofrecer un mellor servicio aos nosos clientes, e agardamos contar coa vosa visita ás novas instalacións.

Nesta nova tenda, poderedes atopar un amplio surtido para os practicantes de deportes coma o running, fútbol, fútbol sala,  baloncesto, voleyball, trekking, fitness, natación, tenis, padel, patinaxe, artes marciais, pilates, ...
Ademais tamén teremos ropa, calzado e complementos deportivos para os pequenos e as pequenas da casa.

A nosa tenda de Montero Ríos 8 seguirá ofertando como ata agora os productos pensados para o tempo libre e actividades de ocio, equipando con Roupa, calzado e complementos de marcas de Surf, Skate, Sportwear, Naútica,...


No hay comentarios: