
Deportes Hermida ven de colaborar un ano mais na patronización do IV CAMPUS DE BALONCESTO BASE CB NOIA.
Tras seis intensos días de traballo, un torneo 3x3 puxo o broche de ouro á cuarta edición do campus do Club Baloncesto Noia. A actividade recibiu o día antes do seu clausura a visita do alcalde noiés, Rafael García Guerrero , que pechou a parte dedicada a técnica individual e táctica colectiva, que se desenvolveu desde o 20 ao 24.
Durante tal intervalo de tempo, os inscritos contaron cos servizos de tres adestradores diferentes cada xornada: Ángel Castro (seleccionador galego infantil feminino), Txitxón Soares (técnico do Forjasa Rosalía de Primeira Nacional e do circuíto sub-20); Fran Varela (preparador do Peleteiro de Primeira Nacional); Peli Castro (ex adestrador do Beirasar Rosalía); Pablo Negreira (técnico do La Salle sénior feminino), así como a maioría dos seleccionadores santiagueses de base.
Pero sen dúbida con quen máis gozaron os rapaces e rapazas que se anotaron foi coas sesións que protagonizaron José Ángel Antelo, o á pivote local que acaba de asinar contrato co Fuenlabrada Alta Xestión da ACB, e Arancha Mallou, a santiaguesa enrolada nas filas do Extrugasa. Ambos compartiron adestramentos e vivencias cos participantes.
http://www.youtube.com/watch?v=zZMYULT1NHc
http://www.campuscbnoia.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario