O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero , recibiu no salón de plenos da casa consistorial a tres campións locais: Pablo Carou , campión de España de taekuondo na categoría sub-21; Álvaro García , campión galego; e Jonatan Pombo , que quedou segundo na competición estatal por clubs. Tamén arrouparon e felicitaron aos rapaces Chema Salanova , adestrador do Maniotas, e Quico Hermida , de Deportes Hermida, establecemento que patrocina a Pablo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario