viernes, 2 de julio de 2010

Campamento internacional "Sueño Olímpico" de Taekwondo

Campamento Internacional “Sueño Olímpico” de Taekwondo


O vindeiro luns día 5 de xullo, ás 13:30 horas inaugurarase no Camping Rural Ría de Arosa 2, o campamento internacional “Sueño Olímpico” de Taekwondo.

Nesta edición conarase coa presencia de 210 deportistas e entrenadores de 16 nacionalidades diferentes e coa asistencia do equipo olímpico dominicano, entre os que destaca o medallista olímpico e mundial, Gabriel Mercedes. Tamén estará presente o doble campeón mundial Daba Modibo (Mali), Débora Nunes (olímpica brasileira), Pedro Póvoa (olímpico portugués) e os entrenadores Joaquim Peixoto (Portugal), Salvador Allende (México), Francisco Camacho (R. Dominicana) ou George Ramos (Francia).

Destacan tamén competidores de Croacia, Brasil, México, Arxentina, Colombia, Bélxica, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Senegal, Chile, Portugal e España.

Ademais entregarase a axuda para os proxectos de Taekwondo para a igualdade. Cabe comentar que esta axuda chegará a máis dun millar de moz @s dos países antes sinalados. Este ano a acción solidaria recaeu nos seguintes proxectos:

PROXECTO “LOBO DE MÉXICO”
PROXECTOS “JUNTOS PODEMOS DE NEUQUEN – ARXENTINA”
PROXECTO “FUERTE APACHE DE BUENOS AIRES- ARGENTINA”
PROXECTO “DMK DE MALI- ÁFRICA”
Por último, estarán presentes na inauguración algunhas personalidades relacionadas co mundo do deporte.

Neste acto tamén estará o taekwondista noies Pablo Carou, co que colabora Deportes Hermida.

No hay comentarios: