miércoles, 24 de diciembre de 2014

Deportes Hermida escollido comercio favorito polo clientes de Boiro na campaña maisquecomercio da Dirección Xeral de comercio

Na campaña de dinamización comercial maisquecomercio organizada pola Dirección Xeral de Comercio e a ABE no concello de Boiro, Deportes Hermida resultou escollida como o comercio mais votado polos clientes que participaron en dita campaña.

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria sumou en Boiro máis de 23.000 participacións, o que situou ao CCA boirense como o máis activo durante o mes de novembro

Queremos agradecer a confianza depositada en nós polos clientes que nos elixen cada día como o seu comercio. 

Para a entrega do premio acudiron á nosa tenda de Boiro a directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez, o alcalde de Boiro, e representantes da asociación de empresarios de Boiro de ABANCA entidade colaboradora


O mérito deste premio é grazas ao traballo de Ana, Fátima e Mar que no día a día atenden aos clientes de Boiro e outras localidades que se achegan a mercar na vila e na nosa tenda.


                                   


No hay comentarios: