jueves, 29 de octubre de 2009

PABLO CAROU ACUDIRÁ AO EUROPEO DE VIGO


Pablo Carou, taekwondista local patrocinado por Deportes Hermida coa colaboración das marcas Zico e Asics, conseguiu o seu pasaporte para o campionato de Europa sub-21 que se celebrará do 6 ao 8 de novembro en Vigo, tras gañar o seu combate fronte ao canario Adrián Cifuentes, que viña de disputar o mundial de Copenhague. O taekuondista noiés demostrou que se atopa nun formidable estado de forma e impúxose por 8 a 7, o que lle valeu para obter o billete.
Unha vez conseguidas as clasificacións, permanecerá no Centro de Alto Rendemento de Madrid, preparando o próximo campionato de Europa co resto de integrantes do equipo nacional.

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/10/29/0003_8069183.htm?idioma=galego

No hay comentarios: