lunes, 18 de mayo de 2009
Artigo sobre a importancia de levar un bo suxeitador deportivo
A MAMA, PURA DELICADEZA
O deporte é bo, pero cun bo suxeitador
Igual que eliximos unhas boas zapatillas para correr, debemos escoller a mellor suxeición para o peito se non queremos un descolgamento prematuro e irreversible. Ademais, a maioría das consultas por dor mamaria débense a lesións por movementos inadecuados
Facer deporte cun óptimo suxeitador é básico, pero só o 25% das mulleres o usan
O 75 por cento das mulleres que practican regularmente exercicio non utiliza un suxeitador especial de deporte, malia que evitaría unha caída prematura do peito con carácter irreversible, segundo mostran os datos dun estudo realizado pola Universidade de Edimburgo (Reino Unido) sobre a utilidade de suxeitadores deportivos nas mulleres.
Entre as conclusións, destaca que o 80 por cento dos médicos que foron entrevistados están de acordo en que co uso do suxeitador adecuado diminúe a tensión dos ligamentos de Cooper que, unha vez danados, non se poden reparar. Ademais, a investigación revelou que usar un suxeitador deportivo á hora de practicar exercicio físico reduce o movemento do peito ata un 50%, o que atrasa a súa caída a longo prazo.
En declaracións recollidas por Europa Press, o xinecólogo do Instituto de xinecología e Medina da Reprodución Doutores Ordas y Palomo, Fernando Moreno Lete, destacou que "as lesións irreversibles poden ser aquelas que condicionan cambios estéticos na mama, e o único camiño para resolvelo é a cirurxía". Xa que logo, para evitalo cómpre previr e do mesmo xeito que se utiliza un calzado adecuado para correr, hase de utilizar un suxeitador específico para evitar lesións na mama.
Este experto explicou que a mama é unha glándula de escasa suxeición, que fundamentalmente depende do tecido que o sustenta desde a zona da aureola cara ós músculos pectorais maiores. Amais, " ó ter un tecido que fundamentalmente é graxo, vai ter unhas posibilidades de desprazamento e de mobilidade maior que outros órganos", dixo. "Se se produce un movemento continuo sobre a mama pode haber uns desprazamentos de ata 21 centímetros en oscilación, tanto superior, inferior como lateral, o que leva a un desprendemento que logo ten difícil solución", explicou.
Tamén destacou que se poden producir microlesións internas, porque a glándula dispón de sistema vascular, sistema nervioso, e de elementos do sistema linfático, e todas estas pequenas estruturas, segundo os impactos que a mama reciba, poden sufrir maiores ou menores consecuencias.
Ademais, apuntou que a muller no deporte non soamente está sometida a unha serie de leis físicas e mecánicas, senón que tamén inflúe nela unhas leis fisiolóxicas, o que vai supor nalgún momento do ciclo
unha maior sensibilidade e unha maior posibilidade de padecer lesións.
Doutra banda, o doutor Moreno sinalou así mesmo que moitas das consultas que se producen veñen condicionadas por un simple ou leve dor, nalgunha zona específica da mama, e en realidade o que máis preocupa é que poida ser por outra causa, e moitas veces son pequenas distensións ou lesións a consecuencia de movementos inadecuados ou pola falta de suxeición. "Cun coidado previo, a maioría das veces non vai ter esa consecuencia", precisou.
"Cada muller, cada mama e cada circunstancia pode modificar o tamaño, a sensibilidade e o movemento, polo que é importante que a muller use un modelo preciso e os tamaños adecuados", destacou.
A alpinista e primeira muller en ascender o Everest, Araceli Segarra, sinalou que hai máis de 15 anos non existía conciencia da necesidade de protexer os peitos e ás pezas que se debían utilizar para protexelo no momento de realizar actividades deportivas. Neste sentido, subliñou que aínda existe un baleiro na educación, e destacou que "se non se empeza a protexer desde o principio, non se poderá evitar que as lesións sexan irreversibles".
Podéis comprar sujetadores deportivos en nuestras tiendas o en http://www.mercadogalego.eu/web/articulo.php?idarticulo=2108
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario