sábado, 16 de mayo de 2009
MASTERTOUR BRASILSUL 2009
Este sábado celebrouse no ximnasio adyacente ao Pabellón Alonso Rodríguez de Noia unha sesión do MASTERTOUR BRASILSUL, organizado por Deportes Hermida e o ximnasio Trócola, e patrocinado pola marca de roupa deportiva brasileña BRASILSUL.
Entre as 12 e 14 hora tiveron lugar unha sesión de tonificación e outra de step, e ao rematar repartíronse entre as participantes diverso material deportivo aportado pola marca BRASILSUL e Deportes Hermida.
Esta xornada tivo como obxectivo fomentar a práctica deportiva, destacando o bo ambente existente entre os participantes, aos que queremos agradecer a súa presencia.
En datas vindeiras terán lugar mais actividades deportivas, das que vos iremos informando.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario